


EMOTICORES é un espectáculo de danza onde as emocións toman forma a través das cores e o movemento que, conxugado co son e as proxeccións audiovisuais, ten como obxectivo axudar axs xóvenes e ao seu entorno familiar a identificar as emocións.
Emoticores é a nova proposta de danza de Cristina Montero & Rut Balbís, Las Tricotouses, para o público máis novo, concretamente para mozas e mozos de segundo ciclo de primaria (8-12 anos).
COR e PSICOLOXÍA: Ao igual que os adultos, xs máis novos precisan espazos onde recoñecerse e expresarse afectiva e emocionalmente. É importante que a escola proporcione estos lugares de contacto e de expresión e así, camiñar cara un modelo educativo máis integrador, humano e creativo.
Neste sentido, o traballo coas cores preséntase como excelente ferramenta para ilustrar e recoñecer aqueles espazos emocionais que precisan ser expresados e atendidos. As cores, as formas, o movemento... son a linguaxe do inconsciente onde reside o emocional, onde a veces non chega a palabra.
Unidade didáctica: a unidade didáctica ten como finalidade introducir o traballo coas emocións na propia aula. A través de dinámicas grupais, de traballo co corpo e a creatividade, valéndonos da Psicoloxía e a Meditación, axudaremos axs alumnxs a identificar e xestionar as propias emocións. Proporcionando tamén ferramentas e orientación axs profesorxs, sobre cómo abordar o traballo emocional en clase.
CREACIÓN
Cristina Montero e Rut Balbís
INTERPRETACIÓN
Cristina Montero e Alba Fdez. Cotelo
ILUMINACIÓN & PROGRAMACIÓN AUDIOVISUAL
Afonso Castro
ESPAZO SONORO & DESEÑO GRÁFICO
Jas Processor
UNIDADE DIDÁCTICA
Paula Pintos, Cristina Montero & Rut Balbís
ASESORAMENTO PSICOLÓXICO
Paula Pintos
VESTIARIO
Teresa Gutiérrez
VIDEO
miramemira
PRODUCIÓN
Manu Lago
PRODUCE
Las Tricotouses
AXUDA EN PRODUCIÓN
AGADIC - Xunta de Galicia
COLABORA
Concello de Ferrol e Concello de Narón
espectáculo seleccionado para o Catálogo Danza A Escena 2017
espectáculo seleccionado para a Red de Teatro de la Comunidad de Madrid 2017
espectáculo seleccionado para Circuito de Danza de Teatros Alternativos 2017
espectáculo seleccionado para Galicia Escena PRO 2017
espectáculo seleccionado para Red Sarea 2018
Produce Coa axuda á produción de Coa colaboración en produción de





