
CRISTINA MONTERO
Creadora-coreógrafa, en 2009 crea a súa propia compañía coa performance “1a party”, representada en diferentes espazos de Galicia, Madrid e Portugal.
Como intérprete e coreógrafa traballa con Teatro do Morcego, Cía.40 Pasos, Cía San&San , Cía. Bucanero, Cía. Trespasando.
Como docente da Escola de Formación de actrices e actores de Narón desde 2003 e docente e coordinadora da Escola de Danza Contemporánea de Narón desde 2009, onde imparte talleres de expresión e movemento para maiores, adultos e nen@s en diferentes concellos e espazos.

RUT BALBÍS
Creadora-coreógrafa, intérprete e docente de danza contemporánea é Licenciada en C.C. Da Actividade Física e do Deporte e realiza o One Year Certificate in Contemporary Dance en The Place (Londres).
En paralelo ao seu proxecto con Las Tricotouses e Pisando Ovos desenvolve o seu traballo docente na Aula de Danza da Universidade de A Coruña desde 2005, ademáis de colaborar con outras compañias como Matarile Teatro, Licenciada Sotelo, Lipi Hernández, Traspediante, Iker Gómez, Chévere, Cristina Montero, Paula Pintos, AIREnoAR....
Forma parte de “The Hunter Lodge” colectivo creado a partir do proxecto europeo Choreoroam 2012.
