MOMENTO BLOOMING conxuga momentos íntimos con momentos superficiais, choros e risas, inxenuidade e ensoñación, realidade e ficción.
Todo isto sen esquecernos de que é unha peza de danza ubicada noutro contexto. Unha oportunidade para ofrecer unha experiencia diferente ao asiduo consumidor.
Queres ser rico ou pobre?
Sabemos os segredos do teu éxito.
Temos a solución aos teus problemas financieiros.
Non perdas esta ocasión única, onde corpo, movemento, música e danza se xuntan para facer un cóctel anticrise.
CREACIÓN & INTERPRETACIÓN
Cristina Montero e Rut Balbís
PRODUCIÓN
Las Tricotouses
