CREACIÓN E INTERPRETACIÓN
Cristina Montero e Rut Balbís
COLABORA
NORMAL
PRODUCIÓN
Las Tricotouses

SÓ UNHA ESCUSA é unha estructura de danza contemporánea improvisada.
Queremos achegarnos á historia e ás costumes de cada concello para dar contidos este espectáculo de danza único. A nosa proposta é facer unha peza de danza baseada e adaptada ao espazo e condicións de cada lugar.
Só precisamos unha escusa para bailar na túa localidade e achegar a danza ao público. Xa sexa por un motivo concreto como unha celebración ou un festival, unha inauguración, a clausura dun evento, ou sinxelamente como mera actividade cultural e social.
SÓ UNHA ESCUSA está pensada para todo tipo de espazos: prazas, rúas, parques, museos, fábricas, halls, polideportivos, institutos....